Nokia 5220 XpressMusic - Restaurar axustes de fábrica

background image

Restaurar axustes de fábrica

Para restaurar o teléfono ás condicións de fábrica, seleccione Menú > Axustes > Recu.

axus. pred. e das seguintes opcións:
Recuperar só axustes — para reiniciar a configuración sen eliminar información

persoal

Recuperar todo — para reiniciar todas as preferencias de configuración e eliminar

toda información persoal tal como contactos, mensaxes, arquivos multimedia e

códigos de activación.

12. Menú operador

Acceda a un portal de servizos fornecidos polo seu operador de rede. Se desexa coñecer

máis información, póñase en contacto co seu operador de rede. O operador pode

actualizar este menú cunha mensaxe de servizo.

13. Galería

Xestione imaxes, videoclips, arquivos musicais, temas, gráficos, tons, gravacións e

arquivos recibidos. Estes arquivos gárdanse na memoria do teléfono ou nunha tarxeta

de memoria, e poden clasificarse en carpetas.

Carpetas e arquivos

Para ver a lista de carpetas, seleccione Menú > Galería. Para ver unha lista de arquivos

nunha carpeta, seleccione unha carpeta e Abrir. Para ver as carpetas da tarxeta de

memoria ao mover un arquivo, desprácese ata a tarxeta de memoria e prema a tecla

dereita de desprazamento.

Imprimir imaxes

O seu teléfono admite a impresión de imaxes en formato jpeg con Nokia XpressPrint.
1. Para conectar o seu teléfono a unha impresora compatible, use un cable de datos

ou envíe a imaxe usando Bluetooth a unha impresora que admita a tecnoloxía

Bluetooth.

Vexa "Tecnoloxía sen fíos Bluetooth", p. 30.

2. Seleccione a imaxe que desexa imprimir e Opcións > Imprimir.