Seguridade
Cando se atopan activadas as funcións de seguridade que restrinxen as chamadas (coma
a restrición de chamadas, os grupos de usuarios pechados e o marcado fixo), pode que
sexa posible efectuar chamadas ó número de emerxencia oficial programado no
dispositivo.
Seleccione Menú > Axustes > Seguridade e das seguintes opcións:
● Petición código PIN ou Petición código UPIN — para pedir o seu código PIN ou
UPIN cada vez que se acenda o teléfono. Algunhas tarxetas SIM non permiten que se
desactive a petición de código.
● Petición código PIN2 — para seleccionar se cómpre inserir o código PIN2 cando
use unha función do teléfono protexida co código PIN2. Algunhas tarxetas SIM non
permiten que se desactive a petición de código.
● Servizo restric. cham. — para restrinxir as chamadas entrantes e saíntes do seu
teléfono (servizo de rede). Cómpre ter un contrasinal de restrición.
● Marcación fixa — para restrinxir as súas chamadas saíntes ós números de teléfono
seleccionados se a súa tarxeta SIM o soporta. Cando a marcación fixa estea activada,
as conexións GPRS non son posibles excepto durante o envío de mensaxes de texto
por unha conexión GPRS. Neste caso, o número de teléfono do receptor e o número
do centro de mensaxe debe incluírse na lista de marcación fixa.
● Grupo usuar. pech. — para especificar un grupo de xente à quen pode chamar ou
que lle poden (servizo de rede)
● Nivel de seguridade — Seleccione Teléfono para pedir o código de seguridade
sempre que unha nova tarxeta SIM estea no teléfono. Seleccione Memoria, para pedir
o código de seguridade cando a tarxeta de memoria SIM estea seleccionada e desexe
cambiar a memoria empregada.
● Códigos de acceso — para cambiar o código de seguridade, o código SIM, o código
UPIN, o código PIN2 ou código de bloqueo
● Código en uso — para seleccionar se o código PIN ou UPIN debe estar activo
Axustes
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
37
● Certificad. autoridade ou Certificados usuario — para ver a lista de autoridades
ou os certificados de usuarios descargados ó seu móbil.
Vexa "Seguridade
navegador", p. 45.
● Axus. mód. segurid. — para ver Detalles mód. segur., activar Petición PIN
módulo ou cambiar o módulo PIN e o PIN de sinatura..
Vexa "Códigos de
acceso", p. 9.