
Opcións durante unha chamada
Algunhas das opcións que pode empregar durante a chamada son servizos de rede. Se
desexa coñecer a dispoñibilidade, póñase en contacto co seu fornecedor de servizo.
Durante unha chamada, seleccione Opcións. As opción dispoñibles inclúen:
As opcións de chamada son Silenciar ou Desactivar silencio, Guía, Menú, Bloquear o
teclado, Gravar, Claridade de voz, Altofalante ou Teléfono.
As opcións de rede son Responder ou Rexeitar, Reter ou Recuperar, Nova
chamada, Engad. á confer., Rematar chamada, Remat. todas cham., e as seguintes:
● Enviar DTMF — para enviar notas de tons
● Cambiar — para cambiar entre a chamada activa e a chamada retida
● Transferir — para conectar unha chamada retida cunha activa e desconectarse a
un mesmo
● Conferencia — para facer unha chamada en conferencia
● Chamada privada — para ter unha conversa privada nunha chamada de conferencia
Chamadas
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
20

Aviso: Non suxeite o dispositivo preto do seu oído co altofalante activado, xa
que o son podería emitirse a un nivel de volume extremadamente elevado.
4. Escribir texto
Modos de texto
Para inserir un texto (por exemplo, ao escribir unha mensaxe) pode utilizar a inserción
de texto tradicional ou predictiva.
Cando escribe texto, seleccione e manteña premido Opcións para cambiar entre
inserción de texto tradicional, indicado por
, e a entrada de texto predictivo,
indicada por
. O texto predictivo non funciona con tódalas linguas.
Os cadros de caracter están indicados por
, , e
. Para cambiar o cadro de
carácter, prema #. Para cambiar do modo texto ao modo numérico, indicado por
,
prema e manteña premido #, e seleccione Modo numérico. Para cambiar do modo
número ao modo letra, prema a manteña premido #.
Para definir o idioma de escritura, seleccione Opcións > Idioma de escritura.
Inserción de texto tradicional
Prema unha tecla numérica, do 2 ao 9, de xeito repetido ata que apareza o caracter
desexado. Os caracteres dispoñibles dependen da lingua de escritura elixida.
Se a seguinte letra que desexa escribir está na mesma tecla que a actual, espere ata que
apareza o cursor e escriba a letra.
Para acceder aos signos de puntuación máis comunes e caracteres especiais, prema de
xeito repetido a tecla número 1 ou prema * para desprazarse polos caracteres especiais.
Inserción de texto preditivo
A inserción de texto preditivo basease nun dicionario incorporado ao que pode engadir
novas palabras.
1. Comece a escribir unha palabra usando as teclas 2 a 9. Prema cada tecla só unha vez
para cada letra.
2. Para confirmar unha palabra, desprácese á dereita e engada un espazo.
● Se a palabra non é correcta, prema * varias veces e seleccione a palabra da lista.
● Se se amosa o carácter ? despois da palabra, a palabra que pretende escribir non
se atopa no dicionario. Para engadir a palabra ao dicionario, seleccione
Escribir Insira a palabra usando a inserción de texto tradicional e seleccione
Gardar.
● Para escribir palabras compostas, insira a primeira parte da palabra, e desprácese
á dereita para confirmala. Escriba a última parte da palabra, e confírmea.