
Cable de datos USB
Pode usar o cable de datos USB para transferir datos entre o teléfono e un PC compatible
ou unha impresora que admita PictBridge.
Para activar o teléfono para a transferencia de datos ou impresión de imaxe, conecte o
cable de datos e seleccione o modo:
● PC Suite — para usar o cable para PC Suite
● Impres. & multim. — para usar o teléfono cunha impresora compatible con
PictBridge ou cun PC compatible
● Almacenam. datos — para conectar a un PC que non teña o software de Nokia e
usar o teléfono para almacenaxe de datos
Para cambiar o modo USB, seleccione Menú > Axustes > Conectividade > Cable de
datos USB e o modo USB desexado.