Nokia 5220 XpressMusic - Nokia PC Suite

background image

Nokia PC Suite

Con Nokia PC Suite pode xestionar a súa música, sincronizar contactos, a axenda, notas

e tarefas, entre o seu teléfono e un PC compatible ou un servidor de internet remoto

(servizo de rede). Pode atopar máis información e o PC Suite na páxina web de Nokia.

Vexa "Axuda Nokia", p. 11.

11. Axustes

Perfís

O seu teléfono ten varios grupos de configuracións chamados perfís, que poden

personalizarse con tons de chamada para diferentes eventos e ambientes.
Seleccione Menú > Axustes > Perfís, o perfil desexado e unha das seguintes opcións:
Activar — para activar o perfil seleccionado

Personalizar — para cambiar as opcións do perfil

Temporizado — para configurar un perfil que estea activo durante un certo tempo.

Cando acaba o tempo establecido para o perfil, actívase o perfil anterior que non

caducou.

Temas

Un tema ten elementos para personalizar o seu teléfono.
Seleccione Menú > Axustes > Temas e das seguintes opcións:
Tema seleccionado — Abra a carpeta Temas e seleccione un tema.

Descargas de temas — Abra unha lista de ligazóns para descargar máis temas.

Tones

É posible cambiar a configuración de ton do perfil activo seleccionado.
Seleccione Menú > Axustes > Tons. No menú Perfís pode atopar a mesma

configuración.
Se selecciona o nivel de ton de chamada máis elevado, este alcanzará o seu nivel máis

alto despois de varios segundos.

Luces

Para activar ou desactivar efectos de luces asociados a diferentes funcións do teléfono,

seleccione Menú > Axustes > Axustes de luz.