
Asignar atallos de chamada
Crear atallos asignando números de teléfono ás teclas de números 2-9.
1. Seleccione Menú > Guía > Marcac. rápidas, e desprácese ata unha tecla de
número..
2. Seleccione Asignar, ou se a tecla xa ten un número asignado, seleccione Opcións >
Cambiar.
3. Escriba un número ou busque un contacto.
8. Rexistro de chamadas
Para ver información das súas chamadas, mensaxes, datos e sincronización, seleccione
Menú > Rexistro e das opcións dispoñibles.
Nota: É posible que a factura das chamadas e servizos do seu fornecedor de
servizos varíe, dependendo das funcións de rede, do redondeo da facturación, dos
impostos, etc.
9. Rexistro de posición
A rede pode enviarlle unha petición de localización (servizo de rede). Póñase en contacto
co seu provedor de servizo para subscribirse e aceptar a entrega da información de
localización.
Para aceptar ou rexeitar a petición de localización, seleccione Aceptar ou Rexeitar. Se
perde a petición, o teléfono a acepta ou rexeita automaticamente segundo o que
acordou co seu operador de rede ou provedor de servizo.