
Axustes de mensaxes
Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes mensaxe e das seguintes opcións:
● Axustes xerais — para gardar copias das mensaxes no seu teléfono, para
sobrescribir mensaxes antigas se a memoria para mensaxes está chea, e configurar
outras preferencias relacionadas coas mensaxes
● Mensaxes de texto — para activar informes de entrega, configurar centros de
mensaxes para SMS e SMS correos, seleccionar o tipo de admisión de caracteres e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes de texto
● Mens. multim. — para activar informes de entrega, configurar a aparencia das
mensaxes multimedia, permitir a recepción de mensaxes multimedia e anuncios e
configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes multimedia
● Mensaxes de correo — para permitir a recepción de correos, configurar o tamaño
de imaxe en correo e configurar outras preferencias relacionadas co correo.
● Mensaxes de servizo — para activar mensaxes de servizo e configurar preferencias
relacionadas coas mensaxes de servizo
7. Contactos
Pode gardar nomes, números de teléfonos como contactos na memoria do teléfono ou
na memoria da tarxeta SIM e buscar e atopalos para facer unha chamada ou enviar unha
mensaxe.
Xestionar contactos
Escolla unha memoria para gardar os contactos
A memoria do teléfono pode gardar contactos con detalles adicionais, como varios
números de teléfono e información de texto. Tamén pode gardar unha imaxe, un ton
ou videoclip para un número limitado de contactos.
A memoria de tarxeta SIM pode gardar nomes cun número de teléfono anexo a este. Os
contactos gardados na memoria da tarxeta SIM indícanse con
.