Nokia 5220 XpressMusic - Axustes de mensaxes

background image

Axustes de mensaxes

Seleccione Menú > Mensaxes > Axustes mensaxe e das seguintes opcións:
Axustes xerais — para gardar copias das mensaxes no seu teléfono, para

sobrescribir mensaxes antigas se a memoria para mensaxes está chea, e configurar

outras preferencias relacionadas coas mensaxes

Mensaxes de texto — para activar informes de entrega, configurar centros de

mensaxes para SMS e SMS correos, seleccionar o tipo de admisión de caracteres e

configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes de texto

Mens. multim. — para activar informes de entrega, configurar a aparencia das

mensaxes multimedia, permitir a recepción de mensaxes multimedia e anuncios e

configurar outras preferencias relacionadas coas mensaxes multimedia

Mensaxes de correo — para permitir a recepción de correos, configurar o tamaño

de imaxe en correo e configurar outras preferencias relacionadas co correo.

Mensaxes de servizo — para activar mensaxes de servizo e configurar preferencias

relacionadas coas mensaxes de servizo

7. Contactos

Pode gardar nomes, números de teléfonos como contactos na memoria do teléfono ou

na memoria da tarxeta SIM e buscar e atopalos para facer unha chamada ou enviar unha

mensaxe.

Xestionar contactos

Escolla unha memoria para gardar os contactos

A memoria do teléfono pode gardar contactos con detalles adicionais, como varios

números de teléfono e información de texto. Tamén pode gardar unha imaxe, un ton

ou videoclip para un número limitado de contactos.
A memoria de tarxeta SIM pode gardar nomes cun número de teléfono anexo a este. Os

contactos gardados na memoria da tarxeta SIM indícanse con

.