
Tarxeta de memoria
Use unha tarxeta de memoria para gardar os seus arquivos multimedia, como
videoclips, música, arquivos de son, imaxes e datos das mensaxes.
Algunhas das carpetas en Galería con contido que usa o teléfono (por exemplo,
Temas) pode gardarse na tarxeta de memoria.
Formatear a tarxeta de memoria
Algunhas tarxetas de memoria fornecidas xa están preformateadas, e outras precisan
formateado. Ao formatear unha tarxeta de memoria, perderase toda a información da
tarxeta.
1. Para formatear unha tarxeta de memoria, seleccione Menú > Galería ou
Aplicacións, a carpeta da tarxeta de memoria
, e Opcións > Format. tarx.
memo > Si.
2. Tras completarse o formateado, escriba un nome para a tarxeta de memoria.
Bloquear a tarxeta de memoria
Para establecer un contrasinal (máximo 8 caracteres) para bloquear a súa tarxeta de
memoria contra un uso non autorizado, seleccione a carpeta da tarxeta de memoria
e Opcións > Fixar contrasinal.
O contrasinal gárdase no teléfono e non deberá escribilo novamente mentres use a
tarxeta de memoria no mesmo teléfono. Se desexa utilizar a tarxeta de memoria noutro
dispositivo, deberá escribir o contrasinal.
Para eliminar o contrasinal, seleccione Opcións > Borrar contrasinal.
Comprobar consumo de memoria
Para comprobar o consumo de memoria de diferentes grupos de datos
e
Opcións > Detalles.
14. Soportes
Cámara e vídeo
Tire fotos e grave videoclips coa cámara integrada.
Tirar unha foto
Para usar a función fotografía, seleccione Menú > Multimedia > Cámara, ou
desprácese á dereita ou á esquerda se está activada a función vídeo.
Para aumentar ou diminuír o zoom no modo cámara, desprácese para arriba ou para
abaixo ou prema as teclas de volume.
Para tirar unha foto, seleccione Capturar. O teléfono garda as fotos na tarxeta de
memoria, se está dispoñible, ou na memoria do teléfono.