Códigos de acceso
Para configurar o uso de códigos de acceso e os axustes de seguridade do seu teléfono,
seleccione Menú > Axustes > Seguridade > Códigos de acceso.
● O código PIN (UPIN), subministrado coa tarxeta SIM, axuda a protexer a tarxeta contra
usos non autorizados.
● O código PIN2 (UPIN2), subministrado con algunhas tarxetas SIM (USIN), é necesario
para acceder a determinados servizos.
● Os códigos PUK (UPUK) e PUK2 (UPUK2) poden ser subministrados coa tarxeta SIM
(USIM). Se insire o código PIN incorrectamente tres veces seguidas, pediráselle o
código PUK. Se non recibiu os códigos, contacte ao seu fornecedor de servizo.
● O código de seguridade protexe o seu teléfono contra un uso non autorizado. Pode
crear ou cambiar o código, e establecer que o teléfono solicite o código. Manteña o
código secreto nun lugar seguro separado do seu teléfono. Se esquece o código e o
seu teléfono se bloquea, deberá levalo ao servizo técnico e pode que teña que pagar
para recuperalo. Para máis información, póñase en contacto co punto Nokia Care ou
o seu distribuidor.
● O código de bloqueo é preciso cando se usa o servizo de bloqueo de chamada para
restrinxir as chamadas desde e a o seu teléfono (servizo de rede).
● Para ver ou cambiar as opcións do módulo de seguridade para o navegador web,
seleccione Menú > Axustes > Seguridade > Axus. mód. segurid..