
Descargar mapas
O seu teléfono pode conter mapas preinstalados na tarxeta de memoria. Pode descargar
novos mapas por internet usando o software Nokia Map Loader para PC.
Nokia Map Loader
Para descargar ao seu PC o Nokia Map Loader e ver instrucións adicionais, consulte
www.maps.nokia.com.
Antes de descargar novos mapas a primeira vez, asegúrese de ter a tarxeta de memoria
inserida no teléfono.
Seleccione Menú > Organizador > Mapas para facer unha configuración inicial.
Para cambiar a selección de mapas na súa tarxeta de memoria, use o Nokia Map Loader
para borrar todos os mapas na tarxeta de memoria e descargar unha nova selección, e
asegúrese que todos os mapas son da mesma versión.
Servizo de mapa de rede
Pode axustar o seu teléfono para descargar automaticamente mapas que necesita e non
ten no teléfono.
Organizador
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
46

Seleccione Menú > Organizador > Mapas > Axustes > Axustes de rede >
Permitir uso de rede > Si ou En rede propia.
Para evitar a descarga automática de mapas, seleccione Non.
A descarga de mapas pode implicar a transmisión de grandes cantidades de datos a
través da rede do seu fornecedor de servizos. Póñase en contacto co seu fornecedor de
servizos para obter información acerca das tarifas de transmisión de datos.