Menú música
Acceda aos seus arquivos de música e vídeo gardados na memoria do teléfono ou na
tarxeta de memoria, descargue música ou videoclips da web, ou vexa vídeos en stream
compatibles desde un servidor de rede (servizo de rede).
Para escoitar música ou ver un videoclip, seleccione un arquivo de Listas reproduc.,
Artistas, Álbums, ou Xéneros, e seleccione Reprodu..
Para descargar arquivos da web, seleccione Opcións > Descargas e unha localización
de descarga.
Para actualizar a discoteca despois de engadir arquivos, seleccione Opcións >
Actualiz. biblio..
Soportes
© 2008 Nokia. Todos os dereitos reservados.
40
Crear unha lista de reprodución
Para crear unha lista de reprodución coa súa selección de música, faga o seguinte:
1. Seleccione Listas reproduc. > Crear lista reprod., e escriba o nome da lista.
2. Engada música ou videoclips das listas amosadas.
3. Seleccione Feito para gardar a lista de reprodución.
Configurar un servizo de streaming
Pode recibir a configuración de streaming como unha mensaxe de configuración desde
o provedor do servizo.
Vexa "Servizo de configuración de parámetros", p. 9.
Tamén pode
inserir os axustes manualmente.
Vexa "Configuración", p. 36.
Para activar os axustes, faga o seguinte:
1. Seleccione Opcións > Descargas > Axustes de streaming > Configuración.
2. Seleccione un provedor, Predeterminados, ou Config. persoal para streaming.
3. Seleccione Conta e unha conta de servizo streaming dos axustes de configuración
activos.